Visitas

lunes, 30 de enero de 2012

ARBOLARIO

Si, este é o título do traballo que lles encarguei aos meus alumnos de 6º A. Tiñan que investigar sobre algunha árbore, describila e debuxala.

Eles, moi traballadores e habilidosos, deron, nas súas investigacións, con algunhas especies arbóreas realmente extraordinarias. Lede senón e vede por vós mesmos o que atoparon.

Arbolario
View more presentations from isaff

Visita invernal ao monte
























O mércores 25 de xaneiro os nenos e nenas de 2º de Primaria fomos coas profes Herminia e Pili á saída ao monte do noso colexio para observar as árbores no inverno.



Vimos piñeiros, eucaliptos, castiñeiros, carballos e acivros, pero o que máis chamou a nosa atención foi unha sobreira porque as mestras explicáronnos que da súa cortiza fanse os tapóns das botellas e os taboleiros que temos na clase.



Tamén nos fixamos en que a algunhas árbores cáenlle as follas no inverno, que son as árbores de folla caduca, e ás que nunca lles caen as follas son as árbores de folla perenne.



Ademáis disto, o xoves fixemos os nosos semilleiros, plantamos xudías, fabas e cebolas. Agora teremos que regalos todos os días e... a ver se hai sorte e nacen as plantas!

martes, 24 de enero de 2012

SEGUIMOS CO PROXECTO "VOZ NATURA"

Os alumnos de Educación Infantil, pasárono en grande realizando a plantación de distintas sementes (tomates, pementos, acelgas) para a horta do cole.





































Tódolos nenos/as están moi ilusionados e esperan ver pronto o froito do seu traballo, mentres tanto, seguen coas súas tarefas de rego.









































































































































sábado, 21 de enero de 2012

A sementar !!














Pois chegou o día, os alumn@s de 6º de Primaria puxeron en marcha a horta, que posteriormente continuarán traballando outros cursos. As especies que plantaron foron uns fresóns e unhas leitugas que deberán supervisar semanalmente para que a colleita sexa a mellor posible. A ilusión dos rapaces e rapazas foi palpable dende o primeiro momento, implicándose dun xeito conciliador e responsable, sempre coa axuda e supervisión dos seus profes Isabel, Roberto (teacher) e Fátima.





miércoles, 18 de enero de 2012

Unha ruta polo entorno do noso colexio




O pasado día 12 de xaneiro, os alumnos do 2º ciclo de Primaria, acompañados das súas respectivas profesoras, realizaron unha ruta polo entorno do colexio para observar as distintas especies das árbores alí existentes e ver o seu estado no inverno para poder comparalo nas sucesivas estacións.