Visitas

viernes, 23 de marzo de 2012

Visita ao teatro







O día 8 de marzo os alumnos/as do segundo ciclo de primaria, acompañados/as das súas respectivas profesoras, asistimos a unha obra musical titulada "O metal e as súas cor" no teatro principal de Santiago. Foi unha experiencia moi interesante !
Antes da obra, dado que chegamos con antelación, quixemos darlle unha visita ao Apóstolo Santiago.
Tras a obra, fomos disfrutar do día ao monte Pedroso, onde aproveitamos para comer e repoñer forzas.

jueves, 1 de marzo de 2012

Os alumnos de 2º de Primaria na Horta


Con esperanzas e ilusión, os alumnos de 2ºA e 2ºB de Primaria fixemos o transplante de varias especies que xa antes cultiváramos en semilleiros.
As especies que transplantamos na Horta foron fabas, xudías, algúns feixóns, cebolas, azafrán e cabazas que, coa axuda das nosas profes puidemos aprender o xeito de plantalas.
Pero o noso traballo non acaba aquí, agora debemos manter as nosas plantas, nas que temos moitas esperanzas en recoller os froitos que nos darán.
Que divertido é ser agricultor!