Coidemos a natureza.
A Terra é fermosa
non a podemos estragar
se queremos que dure sempre
témola que coidar.
Xerar fume non podemos
se a queremos conservar
polo que o sol e o vento
son opcións para lembrar.
Se queremos conservar a natureza
Non actuemos com pereza
Para reciclar mellor
Esteamos atentos á cor.
Dalila Pérez e Antía Mayo 3ºB
Aforremos enerxía.
Se enerxía queres aforrar
estas normas debes acadar:
Se pouca auga queres gastar
dúchate en vez de te bañar.
Ás máquinas e a televisión
préstalles pouca atención.
En vez de ir no coche
vai andando sen reproche.
Aforrarás nas facturas cada mes
se bombillas de baixo consumo tes.
Poucas chamadas debes realizar
se co teu móbil queres aforrar.
Mariña Rodríguez
3º B
A árbore de folla caduca.
Había unha vez unha árbore de folla caduca nun bosque e
todas as outras árbores ríanse dela cando lle caían as follas.
Ela decíalle ás outras:
-“Por que vos rides de min?”
As outras contestáronlle:
- “ Porque vas ter frio no inverno.”
- “Pero na primaveira, cando me veñan as follas e as
flores, vou ser a árbore máis bonita de todo o bosque”.
Ao chegar a primaveira a árbore de folla caduca, ríndose
das outras árbores, díxolles:
- “Por que non vos rides agoras de min?”
As outras mortas de envexa dixeron:
-“Ti gañas. Eres a máis fermosa porque cambias as follas
todos os ano.”
Manuel González e Noelia Lorenzo 3º B
Diálogo sobre la contaminación.
Ayer el
bosque estaba muy silencioso. Los árboles estaban muy callados porque estaban
tristes.
El señor
Pino se quejaba al señor Roble.
-“Me
encuentro muy cansado. Casi no puedo respirar. ¿Qué nos está pasando?.”
-“Es la
contaminación del aire” respondió el señor Roble.
-“¿Cuándo
se darán cuenta los humanos de que están contaminando la Tierra?. Casi todos
los árboles estamos enfermos…”
- “Lo
peor de todo es que cuando de den cuenta ya será demasiado tarde.”
Yessica
Vidal 3º B
A vida na aldea
Érase unha vez unha fermosa familia que vivía nunha
cidade moi contaminada. Como nas noticias vían que estaban gastando moita
enerxía, a familia decidiu construir unha casa na aldea e vivir dos recursos
naturais. O pai chamábase Antón, e a nai Lola. Tiñan dous fillos xemelgos de
dez anos chamados Xurxo e Xoan. Os pais ían ao monte a recoller leña para
quentarse no inverno, utilizaban auga dos mananciais e cultivaban a horta con
patacas, verduras e árbores frutais. Tamén criaban animais como galiñas, porcos
e vacas. No seu tempo libre axudábanlle aos fillos cos deberes e contábbanlle
contos sentados ao redor do lume. Á nova familia costoulle adaptarse a vivir na
aldea, pero déronse conta de que se pode vivir sen malgastar enerxía.
Mariña Rodríguez e Icía Domínguez 3ºB
O esquío e o incendio.
Paseando polo monte
vin un esquío correr,
corría moi asustado
pensando que ía morrer.
O esquío corría e corría
saltando de árbore en árbore
porque o lume o perseguía
e non sabía onde ir.
O lume provocouno un home
deixando unha cabicha no chan,
sen pensar as consecuencias
do que podía pasar.
Javier Rodríguez 3º B