Visitas

martes, 16 de abril de 2013

Historias de enerxías


Coidemos a natureza.

A Terra é fermosa
non a podemos estragar
se queremos que dure sempre
témola que coidar.

Xerar fume non podemos
se a queremos conservar
polo que o sol e o vento
son opcións para lembrar.

Se queremos conservar a natureza
Non actuemos com pereza

Para reciclar mellor
Esteamos atentos á cor.

Dalila Pérez e Antía Mayo 3ºB


Aforremos enerxía.

Se enerxía queres aforrar
estas normas debes acadar:
Se pouca auga queres gastar
dúchate en vez de te bañar.
Ás máquinas e a televisión
préstalles pouca atención.
En vez de ir no coche
vai andando sen reproche.
Aforrarás nas facturas cada mes
se bombillas de baixo consumo tes.
Poucas chamadas debes realizar
se co teu móbil queres aforrar.

Mariña Rodríguez  3º B


A árbore de folla caduca.

Había unha vez unha árbore de folla caduca nun bosque e todas as outras árbores ríanse dela cando lle caían as follas.
Ela decíalle ás outras:
-“Por que vos rides de min?”
As outras contestáronlle:
- “ Porque vas ter frio no inverno.”
- “Pero na primaveira, cando me veñan as follas e as flores, vou ser a árbore máis bonita de todo o bosque”.
Ao chegar a primaveira a árbore de folla caduca, ríndose das outras árbores, díxolles:
- “Por que non vos rides agoras de min?”
As outras mortas de envexa dixeron:
-“Ti gañas. Eres a máis fermosa porque cambias as follas todos os ano.”

Manuel González e Noelia Lorenzo 3º B



Diálogo sobre la contaminación.

Ayer el bosque estaba muy silencioso. Los árboles estaban muy callados porque estaban tristes.
El señor Pino se quejaba al señor Roble.
-“Me encuentro muy cansado. Casi no puedo respirar. ¿Qué nos está pasando?.”
-“Es la contaminación del aire” respondió el señor Roble.
-“¿Cuándo se darán cuenta los humanos de que están contaminando la Tierra?. Casi todos los árboles estamos enfermos…”
- “Lo peor de todo es que cuando de den cuenta ya será demasiado tarde.”

Yessica Vidal 3º B


A vida na aldea

Érase unha vez unha fermosa familia que vivía nunha cidade moi contaminada. Como nas noticias vían que estaban gastando moita enerxía, a familia decidiu construir unha casa na aldea e vivir dos recursos naturais. O pai chamábase Antón, e a nai Lola. Tiñan dous fillos xemelgos de dez anos chamados Xurxo e Xoan. Os pais ían ao monte a recoller leña para quentarse no inverno, utilizaban auga dos mananciais e cultivaban a horta con patacas, verduras e árbores frutais. Tamén criaban animais como galiñas, porcos e vacas. No seu tempo libre axudábanlle aos fillos cos deberes e contábbanlle contos sentados ao redor do lume. Á nova familia costoulle adaptarse a vivir na aldea, pero déronse conta de que se pode vivir sen malgastar enerxía.

Mariña Rodríguez e Icía Domínguez 3ºB


O esquío e o incendio.

Paseando polo monte
vin un esquío correr,
corría moi asustado
pensando que ía morrer.

O esquío corría e corría
saltando de árbore en árbore
porque o lume o perseguía
e non sabía onde ir.

O lume provocouno un home
deixando unha cabicha no chan,
sen pensar as consecuencias
do que podía pasar.

Javier Rodríguez 3º B









No hay comentarios:

Publicar un comentario