Os alumnos de quinto decidimos ir dar un paseo polo parque e monte do colexio. Queriamos ver como ían as nosas pequenas arboriñas, aquelas que plantemos o ano pasado.
Durante o paseo tamén observamos como influía o outono (estabamos nun dos poucos días soleados de novembro) nas cores e nas follas da todas as especies que temos. Fomos seguindo a ruta que se realizou e as taboíñas que se colocaron e isto faciitou moito o noso traballo, xa que sabiamos con precisión ante que especie arbórea nos atopabamos.
Os frutais de inverno estaban cheíños daquela e agora, que estamos en xaneiro, poidemos probar os limóns, as laranxas e as riquísimas mandarinas no comedor do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario