Visitas

domingo, 4 de diciembre de 2011

Balmescol é o nome da nosa mascota!


Despois dunha dura competencia entre os diferentes nomes para a mascota, estes son os resultados finais:

1º BALMESCOL - 11 votos
2º OTOÑIN - 7 votos
3º CORNIÑOS - 5 votos
4º CAPITAN CARACOLIUM - 3 votos
5º REFORESTADOR - 1 voto

Noraboa ao gañador!


miércoles, 30 de noviembre de 2011

O Mes de Novembro

Durante este mes, os nenos/as de Educación Infantil fixeron moitas actividades conxuntas:
Despois da primeira saída, na que observamos os cambios da paisaxe no outono, realizamos varios murales cas follas recollidas.
Estos son algúns exemplos:










































Tamén celebramos o Samaín;

Os nenos colaboraron traendo cousiñas para decorar as aulas













E disfrazámonos de fantasmiñas




















































lunes, 28 de noviembre de 2011

O nome da nosa mascota!

Ola a todos!
Meu deus! cantos nomes para a nosa mascota! Iso está moi ben rapaces, agora para escoller entre tantas debedes elexir unha destas cinco:

1- Otoñín
2- Reforestador
3- Corniños
4- Capitán Caracolium
5- Balmescol

Tendes ata o venres día 18 para votar.

O que máis votos teña será o nome co que bauticemos á nosa mascota !!

viernes, 25 de noviembre de 2011

O mural das estacións


Nós, os alumnos e alumnas de 2ºA e 2ºB de Primaria, estivemos traballando duramente durante varios días para elaborar o gran mural das estacións do ano.

Para facelo, tivemos que recolectar follas de árbores do colexio que caeron co outono para representar a estación na que estamos agora. Próximamente, cando cheguemos ao inverno teremos que modificar o mural para representar a nova estación.

Ah, que se nos olvidaba, queremos darlles as gracias ás nosas profes Herminia e Pili que nos axudaron a facer este laborioso traballo. Gracias profes!

lunes, 14 de noviembre de 2011

Outono na clase de 4º

Os nenos e nenas de 4º curso recollemos follas durante o recreo para confeccionar un mural na clase de plástica.

Aproveitamos as diferentes formas das follas para facer divertidas siluetas: un neno, unha bolboreta, un paxaro e unha tartaruga.

A nós gustounos moito como quedou, e a vós?

lunes, 7 de noviembre de 2011

MASCOTA




Ola chicos/as e profes, o outro día atopeime na clase de Infantil de Charo con esta paisaxe. Gustoume moito e pensei "que bonito quedaría como mascota para o proxecto deste ano".
Así que ¿Que decides, adoptámola? ¿Gústavos? ¿Buscámoslle un nome simpático?

Espero os vosos comentarios.


viernes, 4 de noviembre de 2011

O noso Samaín







Medo, intriga, terror..., todo tivo cabida no Samaín que celebramos no colexio. Daba gusto ... bueno, máis ben daba medo camiñar polos pasillos do colexio e ver as arañas, cabazas, esqueletos e morcegos que decoraban o centro. O traballo dos alumnos e profesores deu o seu terrorífico froito.
Non nos podemos esquecer da nova edición do xa famoso "Gran concurso de cabazas" realizado polos alumnos de 6º, por certo, pido dende aquí unhas declaracións dos gañadores do concurso, resultou difícil a elaboración das cabazas? Respondede rapaces!








miércoles, 26 de octubre de 2011

Gran concurso de calabazas 6º A

Como habéis podido observar, en la entrada del edificio principal del cole, se encuentran las calabazas correspondiente al concurso que todos los años se celebra en 6º.
La diferencia es que esta vez solicitamos la colaboración de todos los/as profes. Para establecer un ganador necesitamos que votéis a las 5 que más os gusten. Podéis verlas en el hall del cole o bien en la presentación de nuestro blog http://blogjaimebalmes.blogspot.com/

Para poder votar tendreis que pinchar sobre la palabra comentarios (en el blog) y escribid vuestros votos. Recordad de escribir vuestro nombre y curso al final del comentario y enviarlo como anónimo.

Entrad en comentarios y especificar vuestra puntuación de las siguiente forma:
Por ejemplo......
Calabaza nº 4 7 puntos
Calabaza nº 9 4 puntos
Calabaza nº 12 3 puntos
Calabaza nº 1 2 puntos
Calabaza nº 3 1 punto
Teacher (6ºB)

El plazo sera hasta el miércoles 2 de noviembre a las 22:00 horas



lunes, 24 de octubre de 2011

COMEZAMOS A TRABALLAR















O xoves día 20, os alumnos de Educación Infantil realizaron unha recollida de follas polos arredores do colexio. O obxectivo desta saída era o recoñecemento da zona e a elaboración de murais do outono. Estas fotos son unha pequena mostra do ben que o pasamos.

jueves, 20 de octubre de 2011

TODOS SOMOS NECESARIOS

Si, Todos somos necesarios é a canción que Doki lle canta ás árbores para que escoitedes os máis pequenos e vos animedes a seguir as súas recomendacións. Mirade.

martes, 11 de octubre de 2011

Primeira expedición de recoñecemento







Voz Natura é un proxecto interdisciplinar do centro no que iremos realizando diversas actividades relacionadas coa REFORESTACIÓN, o motivo deste tema é que este ano 2011 celébrase o ano mundial da reforestación.
A nosa primeira inmersión neste proxecto consistiu nunha saída ao monte da contorna do noso colexio realizada polos alumnos de 5º e 6º de Primaria.
Escoitade e mirade as nosas primeiras valoracións.





lunes, 3 de octubre de 2011

Ídevos preparando...








Pouco falta xa para comezar a nova andaina, que será? que novidades nos traerá o blog este curso?...




Para despexar todas estas dúbidas debedes estar atentos a este novo blog ...