Visitas

miércoles, 30 de noviembre de 2011

O Mes de Novembro

Durante este mes, os nenos/as de Educación Infantil fixeron moitas actividades conxuntas:
Despois da primeira saída, na que observamos os cambios da paisaxe no outono, realizamos varios murales cas follas recollidas.
Estos son algúns exemplos:










































Tamén celebramos o Samaín;

Os nenos colaboraron traendo cousiñas para decorar as aulas













E disfrazámonos de fantasmiñas




















































lunes, 28 de noviembre de 2011

O nome da nosa mascota!

Ola a todos!
Meu deus! cantos nomes para a nosa mascota! Iso está moi ben rapaces, agora para escoller entre tantas debedes elexir unha destas cinco:

1- Otoñín
2- Reforestador
3- Corniños
4- Capitán Caracolium
5- Balmescol

Tendes ata o venres día 18 para votar.

O que máis votos teña será o nome co que bauticemos á nosa mascota !!

viernes, 25 de noviembre de 2011

O mural das estacións


Nós, os alumnos e alumnas de 2ºA e 2ºB de Primaria, estivemos traballando duramente durante varios días para elaborar o gran mural das estacións do ano.

Para facelo, tivemos que recolectar follas de árbores do colexio que caeron co outono para representar a estación na que estamos agora. Próximamente, cando cheguemos ao inverno teremos que modificar o mural para representar a nova estación.

Ah, que se nos olvidaba, queremos darlles as gracias ás nosas profes Herminia e Pili que nos axudaron a facer este laborioso traballo. Gracias profes!

lunes, 14 de noviembre de 2011

Outono na clase de 4º

Os nenos e nenas de 4º curso recollemos follas durante o recreo para confeccionar un mural na clase de plástica.

Aproveitamos as diferentes formas das follas para facer divertidas siluetas: un neno, unha bolboreta, un paxaro e unha tartaruga.

A nós gustounos moito como quedou, e a vós?

lunes, 7 de noviembre de 2011

MASCOTA




Ola chicos/as e profes, o outro día atopeime na clase de Infantil de Charo con esta paisaxe. Gustoume moito e pensei "que bonito quedaría como mascota para o proxecto deste ano".
Así que ¿Que decides, adoptámola? ¿Gústavos? ¿Buscámoslle un nome simpático?

Espero os vosos comentarios.


viernes, 4 de noviembre de 2011

O noso Samaín







Medo, intriga, terror..., todo tivo cabida no Samaín que celebramos no colexio. Daba gusto ... bueno, máis ben daba medo camiñar polos pasillos do colexio e ver as arañas, cabazas, esqueletos e morcegos que decoraban o centro. O traballo dos alumnos e profesores deu o seu terrorífico froito.
Non nos podemos esquecer da nova edición do xa famoso "Gran concurso de cabazas" realizado polos alumnos de 6º, por certo, pido dende aquí unhas declaracións dos gañadores do concurso, resultou difícil a elaboración das cabazas? Respondede rapaces!