Visitas

miércoles, 29 de febrero de 2012

!QUE BEN O PASAMOS DE EXCURSIÓN!

Os nenos/as de Educación Infantil, pasárono en grande na súa saída didáctica. Visitamos o museo do Mar, no que aprendemos moitísimas cousas sobre barcos, baleas, tiburóns...























Fomos tamén a ver os xardíns da "Casa do Marqués" e para rematar, disfrutamos no parque infantil do Paseo Marítimo.





















lunes, 27 de febrero de 2012

Limpeza das praias de Noia




O pasado venres 24 os alumnos de 3º e 4º de Primaria fomos facer unha limpeza da praia de Boa Grande, esta actividade está incluida no proxecto Voz Natura e consistiu na recollida e selección de lixo que atopamos na praia. O certo é que había gran cantidade de lixo de todo tipo: bolsas, latas, un paraugas, cordas...


Ademáis, ao mesmo tempo, os alumnos de 1º e 2º de ESO partiron dende Testal na nosa dirección, encontrándonos finalmente na praia de Boa Pequena.
Despois do traballo realizado, nas nosas mentes quedou grabada unha mensaxe: "Non ensuciemos os entornos naturais", así poderemos desfrutar da natureza dun xeito limpo e sano.


viernes, 3 de febrero de 2012

Expresións escritas relacionadas coa saída o contorno.


Tras a saída arredor do colexio, os nenos e nenas do 2ª CICLO de primaria realizaron unha serie de traballos escritos. Aquí vos mostramos unha representación de cada aula.

El Manzano


El manzano
crece cada añomuy sano
si no le viene el gusano.
Con sus manzanas
que tan buenas están
te caes para atrás
en un pis pás.

Marta 3º A

As árbores
Vimos un castiñeiro
cerca dun mercado,
compramos un piñeiro

nun comercio afastado.

Logo encontramos unha laranxeira
que estaba nun xardìn pequeño
detràs unha bonita cerdeira,

e ao lado unha estatua dun reno.

Plantamos un bidueiro
e tamèn o piñeiro,
na horta que està
xunto da porta.
Puxemos un guindal
pero arrancòunolo o can,
que se chama Rodolfo,
porque è moi golfo.


Clara e Antía 3º B.



O bosque máxico.



Había unha vez un bosque máxico, onde as árbres e os animais falaban. Nel había castiñeiros gordísimos, carballos cheos de landras, piñeiros con moitas piñas e algún eucalipto. No bosque tamén vivían moitos animais: ourizos, raposos, coellos, esquíos, xabaríns... e todos vivían moi contentos. Os nenos ían xogar alí ás agachadas e a correr por entre as árbores.
Un día un mal home foi ao bosque e tirou un pitillo ao chan. Prendeu lume e as árbores empezaron a chorar. Os animais, cheos de medo, foron avisar aos nenos. Entre todos acabaron apagando o lume.
Este conto ensinounos que hai que vivir en armonía e que debemos coidar a natureza.





Mateo Queiruga 4º A