Visitas

lunes, 30 de enero de 2012

Visita invernal ao monte
























O mércores 25 de xaneiro os nenos e nenas de 2º de Primaria fomos coas profes Herminia e Pili á saída ao monte do noso colexio para observar as árbores no inverno.



Vimos piñeiros, eucaliptos, castiñeiros, carballos e acivros, pero o que máis chamou a nosa atención foi unha sobreira porque as mestras explicáronnos que da súa cortiza fanse os tapóns das botellas e os taboleiros que temos na clase.



Tamén nos fixamos en que a algunhas árbores cáenlle as follas no inverno, que son as árbores de folla caduca, e ás que nunca lles caen as follas son as árbores de folla perenne.



Ademáis disto, o xoves fixemos os nosos semilleiros, plantamos xudías, fabas e cebolas. Agora teremos que regalos todos os días e... a ver se hai sorte e nacen as plantas!

1 comentario: