Visitas

lunes, 15 de abril de 2013

UN POUCO DE HISTORIA... DA ENERXÍA


A PREHISTORIA
PALEOLÍTICO

A primeira fonte de enerxía para os seres humanos é a comida.Trasfórmase en enerxía necesaria para mover os músculos.










Logo as persoas aprenden a facer lume.A partir deste momento dispoñen dunha fonte de enerxía que lles dá luz, calor e protección.
  

NEOLÍTICO



Aparecen os primeiros asentamentos humanos e desenvólvense a gandería e agricultura. Tamén se aproveita a forza muscular dos animais. Por esta razón hai que alimentar ós animais para que poidan converter o alimento en enerxía.
 Por: Mateo, David, Mariña, Yaiza


IDADE ANTIGA
Os primeiros muíños de vento e agua (noras) utilízanse en Mesopotamia para transportar a auga.
Os exipcios son os primeiros en utilizar o vento para facer funcionar os barcos e os muíños de vento.
Conquistadores e mercaderes traen os muíños de vento a Europa.
Por: Paula Vázquez e Paula Retuerta 
              

IDADE MEDIA
O despegue económico de finais da Idade Media non sería posible sen a enerxía proporcionada polos muíños de auga.
Auga, vento e madeira seguen a ser as principias fontes de enerxía en esta época e nos comezos da Idade Moderna.
Por: Gabriel, Yaiza e Paula Vázquez
 











IDADE MODERNA
O vento e a auga van sendo substituidas polo carbón e o petróleo. A enerxía muscular e substituida polas máquinas.

Aínda que o pretróleo coñécese dende a antigüidade como betún e asfalto ou como impermeabilizante para os barcos, non foi ata 1859 cando se perforou o primeiro pozo petroleiro.
Máis tarde logrouse separar a querosina do petróleo e empezouse a empregar como combustible.
 Por: Paula Vázquez e Paula Retuerta 

IDADE CONTEMPORANÉA
Nos comezos desta época (durante a Revolución Industrial) a máquina de vapor tivo un papel relevante para mover máquinas e aparatos como locomotoras, barcos...e acelerou o desenvolvemento económico.

 Desenvólveuse a texnoloxía. O carbón e o petróleo producen gran cantidade de enerxía, pero durante a sua combustión desprendense gases que contribúen ao quentemento global.

Descobrese a enerxía nuclear. Unha fonte de enerxía novidosa . Produce moita máis enerxía que outras fontes, non obstante, é moi perigosa e xera moitos problemas ( radioactividade,  residuos nucleares, etc.)
Por: Paula R, Mélani, Alex e Yaiza

NA ACTULIDADE
As finais do século XX comenzouse a cuestionar o modelo enerxético por dous motivos: os problemas medioambientais (contaminación.quentamento do planeta...) e os riscos da enerxía nuclear.
Para reducir estes riscos comezan a utilizarse AS ENERXÍAS LIMPAS (vento, sol, auga, biomasa...)

Por: Antía e Nerea 

No hay comentarios:

Publicar un comentario